terça-feira

O CUARTO DE GIOVANNI

O CUARTO DE GIOVANNI
 
 
 Ambientada na boémia París dos anos 50, O Cuarto de Giovanni ten como tema principal o espertar dun home ante a súa verdadeira natureza homosexual. David (Roberto Cordovani), un americano que vive en París coñece Giovanni (Jorge Gallardo e Rafael Amargo en funcións por Madrid e Barcelona), un fermoso italiano, nun bar gay. Seducido e alcoholizado, David acepta pasar a noite con Giovanni. E esa noite se prolonga ata converterse en tres meses de paixón no Cuarto de Giovanni onde o mozo americano buscará refuxio e atoparás amor.
Incapaz de afrontar a nova vida que se abre ante el, e o seu amor por Giovanni, David foxe cobardemente cando a súa moza Hella (Andrea Nespereira) regresa a París. Nesta historia, Baldwin integra o desexo nunha trama que desenvolve o "problema" da homosexualidade en esquemas culturais máis amplos. "A emoción é o máis importante no espectáculo, e o prexuízo que existe entre os homosexuais", afirma o produtor e actor Bruno Portela.
Montaxe ten estética minimalista, utilizando o mínimo de elementos. Cordovani asina luz, son e vestiario. A luz traballa con recortes cinematográficos. Os figurinos presentan pezas dos anos 50. A banda sonora é marcada con son dunha máquina de escribir e presenta música contemporánea.
I
REPARTO
I
David ................................................................... Roberto Cordovani
Guillaume.......................................................................Bruno Portela
Giovanni ................................................. Jorge Gallardo / Rafael Amargo
Hella.......................................................................Andrea Nespereira


<SAMSUNG DIGITAL CAMERA>
BRUNO PORTELA|RAFAEL AMARGO|ROBERTO CORDOVANI|JORGE GALLARDO|ANDREA NESPEREIRA
                               
<SAMSUNG DIGITAL CAMERA>          <SAMSUNG DIGITAL CAMERA>
        
                                                                                     
O CUARTO DE GIOVANNI: Estrea o 26 de novembro de 2010, venres, ás 22h. Adaptación da obra do autor James Baldwin. Texto e Dirección: Roberto Cordovani. Dirección de Produción Internacional: Bruno Portela. Con Roberto Cordovani, Jorge Gallardo (actor vigués) – Rafael Amargo (en funcións por Madrid e Barcelona), Bruno Portela e Andrea Nespereira (actriz orensana licenciada pola ESAD). Duración: 1 hora e 20 minutos. Recomendación: 16 anos. Ingresos: 12€. Venres e sábados, ás 22h. Domingo, ás 20h. Até 30 de xaneiro de 2011, seguindo despois para a estrea en Barcelona e Madrid.

TEATRO ARTE LIVRE: Rúa Vázquez Varela, 19 - Vigo. Reservas: 986 11 44 44 e 673 21 84 10. Capacidade 100 prazas. A taquilla abre 1h antes do inicio da función. Aceso para portadores de necesidades especiais. Se fai reservas por teléfono.
i